XXXVII CARREIRA POPULAR SAN XIAO

Start dateEnd datePlace
19 January 202019 January 2020Polideportivo de Esteiro, A Coruña, Ferrol
ModalityStartDistancePrice
ABSOLUTOS11:0010 Km0,00 €
ESCOLARES10:00Varias0,00 €

A XXXVII CARREIRA POPULAR SAN XIAO, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Ferrol co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o domingo 19 de xaneiro de 2020 a partir das 11.00 h da mañá.

- A saída e a chegada situaranse nas proximidades do Pavillón Municipal de Esteiro.

- A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá os correspondentes controis ao longo do circuíto.

- Inscricións: As inscricións poderán efectuarse a partir do día 8 de xaneiro ata as 22.00 h do día 16 de xaneiro. Poránse a disposición das persoas interesadas un máximo de 1.000 dorsais par as categorías absolutas) e 500 dorsais para categorías de menores.

- A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do venres 17 ( de 16:30 a 20:30) tarde sábado 18 (de 9.30 a 13.30 e de 16:30 as 20:30 horas ) no Pavillón polideportivo da Malata así como o domingo 19 de xaneiro, dende as 8.00 ata as 10:30 horas no pavillón de Esteiro. O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da participación.

Information email: info@ranckr.com

Additional documentation